| VEGA |
Nota de prensa · 27.10.2026 |
|
| ES · CAT · EUS · GAL · EN | Todas as notas de prensa |
|
| Foto: Noemí Elías |
|
Novo single · Capítulo III
13 de novembro
vega presenta "l'appel du vide", O primeiro adianto do seu novo álbum.
Ademais, anuncia nova xira en 2027 coa que celebrará 25 anos de carreira sobre os escenarios.
|
|
|
|
Vega presenta «L'appel du vide», primeiro single do seu próximo disco, co que celebra unha traxectoria de vinte e cinco anos. A canción chega o 13 de novembro de 2026 a todas as plataformas, e xa pode gardarse en presave.
Con produción, de novo, de Ricky Falkner, arranca tamén unha nova etapa: editado por La Madriguera Records da man de Mushroom Pillow e presentarase en directo nunha xira inicial por trece cidades a partir de febreiro de 2027, á que se irán sumando novas datas.
|
|
A canción
Un beat feito co seu propio corazón
«Trátase dun canto en forma de fuga que medra ata chegar ao clímax. Apela ao amor que escapa e dubida á vez. O beat que marca toda a canción, que se escoita do principio ao final, é o latexo do meu corazón recollido cun fonendo dixital que usei para crear o loop. Un corazón que se desboca e quere saltar polos aires.»
— Vega
A expresión francesa l'appel du vide, a chamada do baleiro, nomea ese impulso de saltar que todos os seres humanos sentimos e frenamos constantemente por instinto de supervivencia.
|
|
Nova andaina
LA MADRIGUERA RECORDS XUNTO A MUSHROOM PILLOW
Autoxestionada desde 2013 á fronte de La Madriguera Records, Vega abre unha nova etapa elixindo con quen facer o camiño. En xuño anunciou a súa incorporación a Artica Agency, que asume o seu management e booking, e agora suma a Mushroom Pillow para a edición do seu novo traballo.
|
«A autoxestión non consiste en facelo todo soa, senón en elixir con quen.» VEGA |
|
|
| Foto: Noemí Elías |
|
Xira de presentación
Xira 2027
| 19.02 BILBAO |
| 20.02 GIJÓN |
| 26.02 VALLADOLID |
| 27.02 ALICANTE |
| 05.03 GRANADA |
| 13.03 VALENCIA |
| 02.04 HUESCA |
|
| 03.04 BARCELONA |
| 09.04 SEVILLA |
| 17.04 MURCIA |
| 30.04 MÁLAGA |
| 07.05 LEÓN |
| 08.05 SANTIAGO |
|
|
|
|
|
Contacto
|
|
|
vegaoficial.com
Instagram · YouTube · Facebook · X
|